Magos coa Mocidade

Pedro Bugarín e o Mago Xacobe percorren seis Espazos Xoves de Galicia.

Magos coa Mocidade 2016
O Mago Xacobe e Pedro Bugarín visitan Vilagarcía, Betanzos, Viveiro, Lalín, Ourense e Pontedeume co fin de achegar ós sectores xuvenís o mundo da maxia e o ilusionismo e ofrecer unha actividade alternativa de ocio e lecer educativo á mocidade a través dun proxecto de Iniciativa Xove promovido, apoiado e financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, co que percorrerán seis dos Espazos Xoves de Galicia durante os meses de setembro e outubro.

 

Unha oportunidade para aprender e desfrutar das habilidades propias desta arte a través dun obradoiro de iniciación ó mundo do ilusionismo no que os asistentes poderán descubrir o segredo de sinxelos xogos de maxia, un excelente complemento para fomentar as capacidades de comunicación e desenvolver a habilidade de oratoria, así como a psicomotricidade e a expresión corporal.

 

Os coñecidos Mago Xacobe e Pedro Bugarín, magos profesionais con ampla experiencia no eido do ocio xuvenil e a docencia máxica, serán os encargados desta docencia lúdica dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 35 anos. As prazas son limitadas e serán asinadas por orden de inscripción no Espazo Xove de cada localidade.

 

O broche final poñerano á noitiña cun espectacular e sorpendente show de maxia gratuito destinado a todo tipo de públicos, moi participativo e visual, no que os artistas poñerán en escea todas as súas habilidades máxicas e humor. Unha oportunidade única para achegarse ó Espazo Xove e rematar cun sorriso estas seis tardes de outono.

– SETEMBRO –

  • VILAGARCIA – Xoves 29 setembro – Espazo Xove de Vilagarcía
  • BETANZOS – Venres 30 setembro – Espazo Xove de Betanzos

– OUTUBRO –

  • VIVEIRO – Luns 10 outubro – Espazo Xove de Viveiro
  • LALÍN – Martas 11 outubro – Espazo Xove de Lalín
  • OURENSE – Xoves 13 outubro- Espazo Xove de Ourense
  • PONTEDEUME – Venres 14 outubro – Espazo Xove de Pontedeume

– HORARIOS –

18 horas – Obradoiro de maxia
20 horas – Espectáculo de maxia

(salvo en Viveiro, que será ás 18:30 e 20:30 h respectivamente)

668.807.100info@magoscoamocidade.esMagos coa Mocidade